Morcegos de ferradura pequenos colgando coas crías do teito dunha casa en Ancares

¿Por qué se meten os morcegos nas casas?


Os morcegos precisan dunhas condicións moi específicas nos seus refuxios de cría, pois o desenvolvemento da xestación e a cría dos pequenos depende estreitamente das condicións ambientais. Unha tempada demasiado fría durante o embarazo pode retrasar ou incluso dar ao traste co feto. O mesmo pode suceder durante os primeiros dias de vida dos pequenos, pois aínda están moi desprotexidos ante condicións desfavorables.
Para algunhas especies de morcegos, diversas partes das construcións humanas convirtense en lugares ideais para este periodo tan sensible, que se desenvolve entre os meses de maio e agosto.
Os morcegos de hábitos cavernícolas, por exemplo, gustan de faiados amplos e cálidos nos que a crianza ten moitas posibilidades de ser exitosa.
Outros morcegos que se refuxian de xeito natural en fendas de rochas ou árbores, atopan un refuxio de cría ideal baixo as pizarras ou tellas da cuberta, onde se acadan boas temperaturas.
Pero entón poden chegar os problemas: ruidos, excrementos e o peor de todos, o medo! Os morcegos son tan descoñecidos e arrastran unha lenda tan escura, que son moitos os que senten auténtico pavor na súa presenza.
Pois desde aquí animámos aos que teñen morcegos na casa a velos, non como un problema, senón como unha oportunidade. Facilitando a permanencia de colonias de morcegos na nosa casa estamos contribuindo á conservación destes pequenos animais de vida tan fascinante.

¿Poden transmitir enfermidades?


Poden, como calquera animal salvaxe. Pero as posibilidades de que o fagan son mínimas. Repasemos os factores de risco:

1. Acúmulos de excrementos. Nas grandes colonias, sobre todo cando estas se sitúan en cavidades cálidas e húmidas (como covas tropicais), poden desenvolverse certo tipo de fungos patóxenos sobre o guano.
Este non é o caso das colonias presentes en construcións humanas en Galicia, que non soen sobrepasar o cento de exemplares. O guano pode limparse coas mesmas precaucións que aplicamos cando limpamos excrementos da nosa mascota ou de calquera outro animal. Incluso podemos aproveitalo para fertilizar o horto ou a terra das macetas, pois é un excelente abono. Polo xeral abonda con facer unha limpeza ao final da tempada de cría, de non ser que a colonia estea instalada nalgún lugar molesto da casa. Neste último caso haberá que valorar o seu desaloxo cun técnico de medio ambiente.

2. Transmisión de enfermidades infecciosas. Esto podería suceder no caso de recibir un mordisco dun morcego. Neste caso, existe a posibilidade de infección por varios tipos de virus, como sucedería con calquera especie silvestre. O que máis medo causa é o da rabia, pois algunhas especies de morcegos son reservóreos deste virus. Non obstante, a única posibilidade de que nos morda un morcego é que o suxeitemos coa man, cousa que nunca debemos facer. En ningún caso o morcego se vai a avalanzar sobre nós e enredarsenos no pelo, como contan as lendas. En canto ás especies que se alimentan de sangue, das case mil especies de morcegos só tres teñen este tipo de alimentación, e están presentes únicamente en latinoamérica.
Ninguna entrada coincide con la consulta. Mostrar todas las entradas
Ninguna entrada coincide con la consulta. Mostrar todas las entradas

About This Blog

  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP